Portos de Galicia saca a concurso a explotación das gasolineiras dos portos de Ribeira, Portocubelo, Meloxo e Cambados

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024

A entidade pública Portos de Galicia ven de iniciar o procedemento de concurso público para o outorgamento dunha concesión para a explotación das estacións de subministro de combustible de Ribeira (tanto a de embarcacións como a de vehículos), Portocubelo (Carnota), Meloxo (O Grove) e Cambados. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia.

Tal como contempla a resolución, o prazo de presentación de ofertas será de 30 días naturais a partir de mañá, polo que rematará o 13 de maio ás 14 horas. O prazo de vixencia da concesión das dúas naves para almacenaxe de mercadorías expedidas por vía marítima será de ata un máximo de 50 anos. A información detallada sobre as condicións do concurso atópase a disposición dos interesados na páxina web de Portos de Galicia e no perfil do contratante.

Todas as gasolineiras incluídas neste concurso adicaranse exclusivamente ao subministro a embarcacións a excepción da estación de subministro específica para vehículos no porto de Ribeira. O prego de condicións recolle en todos os casos a obriga de actualizar e mellorar estas instalacións industriais.

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 12/04/2024