A Xunta iniciará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada OU-540, que comunica Ourense e Lobios

Na provincia ourensá continuarán as intervencións en marcha na OU-801, entre Pontebarxas e Ribadavia; ou na OU-101 no municipio de Ourense

Tamén seguirán os traballos na vía de altas prestacións CG-2.3, entre San Cibrao e Celeiro; ou na autovía AG-4.6, en Moaña e Cangas

Estas tarefas forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 M€ en dous anos

 

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2024

A Xunta comezará a vindeira semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada OU-540, que comunica Ourense e Lobios.

Ademais destas tarefas na citada vía autonómica, na provincia de Ourense continuarán as intervencións en marcha na OU-801, entre Pontebarxas e Ribadavia; ou na OU-101 en Ourense. 

No caso da provincia de Lugo, seguirán os traballos na vía de altas prestacións CG-2.3, entre San Cibrao e Celeiro.
 Continuarán, ademais, as intervencións que están en marcha en distintas vías autonómicas da provincia de Pontevedra, na comarca do Morrazo: na autovía AG-4.6, en Moaña e Cangas; e na CG-4.1, que une os municipios de Moaña e de Cangas.

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/04/2024