A Xunta salienta a importancia da produción ecolóxica e o seu compromiso con este eido nas Xornadas de Intereco

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou esta mañá en Santiago de Compostela no acto de inauguración das Xornadas Intereco 2024 “Greenwashing, de ameaza a realidade”, organizadas pola Asociación sen ánimo de lucro das Autoridades de Control da produción ecolóxica en colaboración co Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Durante a súa intervención neste acto, celebrado no Hotel Monumento San Francisco, o director resaltou a importancia de desenvolver unha produción ecolóxica de calidade, baseada na obtención de produtos naturais e saudables con respecto medioambiental. Ademais, resaltou o compromiso específico da Xunta para o fomento da agricultura ecolóxica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/04/2024