A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada LU-723 ao paso polo concello de Becerreá

A intervención supón un investimento autonómico de preto de 93.000 euros

Os traballos consisten na rehabilitación da capa de rodaxe nesta vía que une As Pontes de Gatín co límite da provincia de León

Os traballos permitirán a mellora de 1.800 metros lineais da calzada, no tramo comprendido entre os quilómetros 0 e 20

Para a execución desta intervención habilitaranse carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíos, cando sexa necesario

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024

A Xunta comezou hoxe as obras de mellora do firme na estrada LU-723 ao paso polo concello de Becerreá.

A intervención nesta vía autonómica que comunica As Pontes de Gatín co límite da provincia de León conta cun investimento autonómico de preto de 93.000 euros.

Os traballos que se están a levar a cabo permitirán a mellora de 1.800 metros lineais da calzada, no tramo comprendido entre os quilómetros 0 e 20, favorecendo a seguridade viaria de todos os usuarios da vía.

En concreto, as intervencións comprenden o fresado localizado do firme existente e a reposición con formigón bituminoso naquelas zonas onde mediante unha inspección visual se constatou a presenza de microrroturas puntuais e zonas deformadas.

Unha vez rematadas as obras de rehabilitación do firme, procederase ao pintado da sinalización horizontal na totalidade da estrada.

Durante a execución destes traballos habilitaranse carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíos, cando sexa necesario.

Esta actuación forma parte do contrato de conservación ordinaria e vialidade invernal da Xunta na provincia de Lugo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/04/2024