O Sergas publica a relación definitiva das listas de selección temporal de técnico en coidados auxiliares de enfermería

Xeráronse un total de 14.559 inscricións

Resultaron admitidos 14.430 aspirantes

O 7,75 % foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso

Só resultan excluídas o 0,89% das solicitudes de participación

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, pola que se dá publicidade á relación definitiva coa orde de prelación e as puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal da categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería.

O total de aspirantes admitidos neste ciclo é de 14.430. O número de aspirantes da categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería que forman parte destas novas listas de selección temporal increméntase en 1.128 persoas, respecto das listas anteriores.

Xeráronse un total de 14.559 inscricións. O 7,75 % foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso e só resultan excluídas o 0,89% das solicitudes de participación.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Entrarán en vigor a efectos de chamamentos o día 10 de abril de 2024.

Próximas publicacións

Proximamente publicaranse as listas definitivas de: facultativos especialistas, médico de admisión e documentación clínica e médico de hospitalización a domicilio.

Data de actualización: 09/04/2024