A Xunta recibe 8 ofertas para executar a mellora do firme en 7 estradas ao paso por 10 concellos da provincia da Coruña, cun investimento de máis de 3,6 M€

A previsión é acometer as actuacións este mesmo ano, contando cun prazo de execución de 6 meses

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-300, AC-303, AC-406, AC-432, AC-546, AC-550 e AC-552, que discorren polos concellos da Baña, Brión, Negreira, Vimianzo, Padrón, Ribeira, Rois, Santa Comba, Val do Dubra e Outes

Os traballos consistirán en realizar fresados e reposicións con mestura bituminosa en quente, ademais da renovación da sinalización horizontal 

A Xunta segue traballando para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e garantir a seguridade viaria 

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024

A Xunta recibe 8 ofertas para executar as obras de mellora do firme en 7 estradas autonómicas ao seu paso por 10 concellos da provincia da Coruña, cun investimento de máis de 3,6 M€.

A previsión é acometer as actuacións este mesmo ano, contando cun prazo de execución de 6 meses.

O obxectivo é rehabilitar o firme en varios treitos das estradas AC-300, AC-303, AC-406, AC-432, AC-546, AC-550 e AC-552, que discorren polos concellos da Baña, Brión, Negreira, Vimianzo, Padrón, Ribeira, Rois, Santa Comba, Val do Dubra e Outes.

Os traballos consistirán en realizar fresados localizados nos treitos de actuación e na reposición con mestura bituminosa en quente, segundo as necesidades concretas das vías obxecto destas intervencións.

As intervencións completaranse co pintado da sinalización horizontal dos treitos de actuación de todas as estradas e a reposición dos treitos de barreira de seguridade que sexa preciso. 

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios.

Data de actualización: 09/04/2024