A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asinou o pasado venres a incorporación ao programa da firma ObviousEat

O Carné Xove da Xunta ofrece descontos nun servizo de reparto de comida a domicilio

Os titulares deste carné só terán que solicitar o seu código de desconto na páxina web do programa, que estará operativo a partir da semana que vén

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2024

O Carné Xove da Xunta de Galicia segue a incorporar novos establecementos adheridos, o que aumenta as vantaxes para a mocidade usuaria do mesmo. A última é a de ObviousEat, servizo de reparto de comida a domicilio que en Santiago de Compostela e arredores traballa con preto de 70 restaurantes asociados.

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asinou con responsables deste negocio a adhesión ao programa Carné Xove e sen custe algún para a Administración autonómica. A partir da semana que vén, aplicarase un desconto do 10 % sobre todos os pedidos realizados a través de ObviousEat, tanto na aplicación móbil como na páxina web para calquera restaurante adherido á plataforma.

 

Esta oferta é válida para todos os días da semana para todas aquelas persoas titulares do Carné Xove que realicen un pedido a través das canles dixitais de ObviousEat, xa sexa para entrega a domicilio ou para recoller no local. Para beneficiarse do desconto é necesario descargar o código que hai que introducir na web de https://obviouseat.es/ no momento de realizar o pedido, seguindo as indicacións na páxina web carnexove.xunta.gal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/04/2024