Rivo visita a exposición sobre o Rexemento Zamora 8 no 80 aniversario da súa chegada a Ourense

Ourense, 6 de abril de 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou hoxe a exposición Regimiento Zamora 8. Militares en Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Con motivo do acto, Rivo puido asistir a unha recreación histórica no exterior do antigo Cuartel de San Francisco e facer un percorrido polas dependencias que ocupou o Rexemento.

A mostra rende homenaxe a esta unidade militar no oitenta aniversario da súa chegada á cidade. Conformada por paneis, fotografías, uniformes, bandeiras, armas e outros obxectos serve de testemuña da relación entre Ourense e o ámbito militar.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/04/2024