A Xunta reafirma a súa aposta pola formación continua cunhas xornadas sobre as novas ferramentas empregadas na extinción de incendios forestais

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2024

A Unidade de Directores de Extinción da Xunta (UDEX) está a desenvolver accións formativas destinadas a todo o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF), enfocada nas ferramentas de futuro ante a nova realidade dos lumes forestais.

Os integrantes da UDEX desprázanse polas sedes dos Distritos Forestais e as bases aéreas para dar esta formación, na que se aborda o funcionamento de dispositivos innovadores como o Sistema Estrutural de Mando Operativo (Semop), deseñado especificamente pola Consellería do Medio Rural para a extinción de incendios en Galicia;  ou o XeoCodeLite, un sistema de información xeográfica en tempo real con toda a información dispoñible sobre os incendios. Nestas xornadas tamén se forma aos traballadores do SPIF sobre o uso das funcións dos equipos de comunicación móbiles e portátiles.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/04/2024