O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria visita aos maiores e ao persoal da residencia de Ribadumia

Antón Acevedo explicou que o novo modelo de coidados mellorará a calidade asistencial nos centros

Ribadumia (Pontevedra), 28 de marzo de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá aos maiores e ao persoal da residencia de Ribadumia. Durante o encontro interesouse sobre as súas preocupacións e atendeu ás súas propostas para seguir mellorando a atención aos maiores.

O director xeral explicou que o Goberno galego sigue traballando para poñer á disposición das persoas maiores servizos que estean adaptados ás súas necesidades. Neste sentido, referiuse á progresiva implantación do novo modelo de coidados de Galicia, que ten como obxectivos mellorar a calidade asistencial nos centros a través dunha maior coordinación sociosanitaria, o aproveitamento das vantaxes das novas tecnoloxías para facilitar os coidados e o traballo dos profesionais e propiciar cambios estruturais que fomenten a sensación de fogar para os residentes.

Data de actualización: 28/03/2024