A Xunta agradece á Fundación Integra Vigo o seu traballo a favor da plena inclusión das persoas con discapacidade

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da Fundación Integra Vigo na que lle trasladou o apoio do Goberno galego ao seu proxecto de atención ás persoas con discapacidade. Neste sentido, a directora xeral agradeceu o seu traballo diario a favor da plena inclusión das persoas con discapacidade intelectual.

Esta Fundación traballa desde todas as etapas vitais garantindo un correcto desenvolvemento das persoas con discapacidade e asesorando ás familias sobre as distintas medidas que poden adoptar. A directora xeral lembrou a importancia de contar cun tecido social forte que garanta a atención á discapacidade desde todos os ámbitos e en todos os puntos da nosa comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/03/2024