Fabiola García agradece á Teima Down Ferrol os seus 30 anos construíndo unha Galicia máis xusta para as persoas con discapacidade

Ferrol, 21 de marzo de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, participou esta tarde na conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down organizada por Teima Down Ferrol e na que estivo acompañada polo alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela. Durante a súa intervención agradeceu a esta entidade os seus 30 anos construíndo unha Galicia máis xusta para as persoas con discapacidade na comarca de Ferrolterra. 

Así mesmo, nesta gala fíxose entrega dos premios Down Galicia, que este ano recaeron na psicomotricista Xoana Balado e no centro municipal de emprego de Ferrol. A conselleira lembrou que a través do esforzo colectivo de todos os integrantes da sociedade, a nosa Comunidade é cada ano un lugar máis accesible e inclusivo no que vivir. Así, apostou por seguir impulsando medidas e axudas que axuden a cada cidadán a realizar o seu proxecto de vida con autonomía. 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/03/2024