A Xunta celebra o Día da Árbore co alumnado do CEIP o Foxo da Estrada coa plantación de 50 árbores autóctonas

O delegado territorial destacou a importancia de colaborar para seguir levando a cabo accións de concienciación que garantan o futuro do noso medio natural

O alumnado asistiu á liberación dunha ave “miñato” que rematou a súa estancia no Centro de Recuperación de Fauna

Pontevedra, 21 de marzo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta mañá nunha actividade levada a cabo pola Xunta no CEIP O Foxo, no concello da Estrada, con motivo da celebración do Día da Árbore. 

Reguera foi un máis nunha xornada na que preto de 40 nenos e nenas plantaron cerca de medio centenar de árbores autóctonas da man dun equipo de axentes forestais que aproveitaron para explicarlles a importancia de coidar o medio ambiente. 

Ademais, o alumnado asistiu á liberación dunha ave “miñato” que concluíu a súa estancia no Centro de Recuperación de Fauna. 

Neste sentido, o delegado territorial destacou a importancia deste tipo de actividades que “rompen a rutina dos máis pequenos e lles ensinan a respectar e coidar a natureza dunha forma divertida”. 

Rematada a plantación, os pequenos viron en acción unha motobomba que serviu, ademais de para explicar o traballo dos axentes durante os incendios forestais, para regar as árbores plantadas. 

O delegado territorial agradeceu o interese e bo comportamento de todo o alumnado e “moi especialmente aos axentes forestais e os docentes que sempre están dispostos a traballar coa Xunta nestas labores de concienciación que son tan importantes para garantir o futuro do noso medio natural”. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/03/2024