Fabiola García resalta o traballo do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, resaltou esta mañá o traballo realizado polo Observatorio Galego de Dinamización Demográfica na elaboración de informes que permiten orientar as políticas públicas das distintas administracións. Nun encontro con membros do Pleno do Observatorio celebrado hoxe no Consello Económico e Social (CES), puxo en valor a actividade deste organismo para identificar e medir o impacto das medidas impulsadas polo Goberno galego en materia de demografía. 

Neste sentido, lembrou a súa relevancia durante a elaboración da primeira Lei de Impulso Demográfico de España, que situou a Galicia como unha referencia neste ámbito. Froito desta normativa, a nosa Comunidade puido poñer en marcha iniciativas pioneiras como a gratuidade de todas as escolas infantís de 0 a 3 anos e axudar aos fogares galegos nos gastos relativos á conciliación familiar.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/03/2024