Persoal do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta participa nun curso sobre primeiros auxilios

Ourense, 15 de marzo de 2024

A Dirección Xeral de Defensa do Monte, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de organizar en Ourense un novo curso de primeiros auxilios destinado ao persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta.

A formación, pola que ata o de agora pasaron 250 traballadores do servizo ao longo dun total de dez edicións, busca a preparación do persoal para que sexa capaz de actuar ante unha emerxencia sanitaria o máis rápido posible, antes da chegada do persoal sanitario. Por iso, amosóuselles cal é o procedemento en caso de ter que realizar unha reanimación cardiorrespiratoria, e actuar ante queimaduras ou intoxicacións, algunhas das circunstancias máis comúns que se poden atopar no seu ámbito de traballo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/03/2024