A Xunta salienta que A Mariña ten todos os recursos para afianzarse como destino en alza vinculado á calidade e á sostibilidade

Ourol (Lugo), 13 de marzo de 2024

A secretaria territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, salientou hoxe “o gran potencial da Mariña para afianzarse como destino turístico en alza vinculado á calidade e á sostibilidade”, en liña co modelo polo que  aposta o Goberno galego. Nese sentido, apuntou que a comarca “conta con todos recursos que atraen aos viaxeiros que desfrutan do turismo slow, cada vez máis demandado”, e ofrece “un abano de oportunidades que a converten nun lugar o perfecto para visitar en calquera época do ano”.

Barreiro participou en Ourol na presentación dunha iniciativa conxunta das Mancomunidades de Concellos da Mariña e Ferrolterra co Clúster de Turismo de Galicia, pola que o Club de Produto Galicia Destino Sostible – impulsado polo Clúster coa colaboración da Xunta - inclúe como un dos seus criterios habilitantes para aloxamentos pertencer ao proxecto Turismo Slow Norte de Galicia – promovido por ambas Mancomunidades co apoio da Administración autonómica e do que forman parte 26 empresas de aloxamento no xeodestino da Mariña e 21 en Ferrolterra -. A raíz do acordo estes establecementos poderán formar parte do club Galicia Destino Sostible, que  integra nunha única plataforma a oferta turística sostible da Comunidade, o que permite darlle visibilidade e incrementar as súas posibilidades de difusión e comercialización.

A Xunta colabora coa Mancomunidade da Mariña en accións de difusión e dinamización do xeodestino. Así mesmo, está en marcha o Plan de Sostibilidade Turística da comarca ao que o Goberno galego achega 1M€ de fondos europeos Next Generation.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/03/2024