A Xunta destina 8,7 M€ para fomentar a agricultura de precisión e a economía circular no sector agrario

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución para estas achegas, con 92 beneficiarios, das que 6,5 millóns de euros correspóndese cos liña para a agricultura de precisión e os outros 2,2 millóns de euros coa da xestión de estercos

No apartado de xestión de estercos poden financiarse investimentos en sistemas de xestión de xurros e estercos nas explotacións gandeiras

En canto á agricultura de precisión, apoiaranse investimentos en agricultura e gandaría de precisión e en tecnoloxías 4.0, co obxectivo de mellorar a seguridade alimentaria, a rendibilidade económica e a sustentabilidade ambiental

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución mediante a cal se destinan 8,7 millóns de euros ao fomento da agricultura de precisión e a economía circular no sector agrario. Do orzamento total, que permitiu beneficiar a 92 entidades, 6,5 millóns de euros correspóndense coa liña para agricultura de precisión -53 beneficiarios- e os outros 2,2 son para a xestión de estercos -39 beneficiarios-.

En canto aos investimentos subvencionables, no apartado de agricultura de precisión, apóianse os investimentos en agricultura e gandaría de precisión e en tecnoloxías 4.0, co obxectivo de mellorar a seguridade alimentaria, a rendibilidade económica e a sustentabilidade ambiental. A implantación da agricultura de precisión necesita da dixitalización da actividade agraria, polo que ambos investimentos aparecen vinculados nesta axuda.

Na liña de xestión de estercos poden financiarse investimentos en sistemas de xestión de xurros e estercos nas explotacións gandeiras. O obxectivo acadar unha maior eficacia nela, fundamentalmente dende o punto de vista medioambiental.

Os investimentos que poden recibir subvención abranguen fundamentalmente a obra civil, as instalacións e equipamentos fixos, a maquinaria e a dixitalización; mentres as porcentaxes subvencionables variarán entre o 40% e o 85% do proxecto.

Estas achegas están financiadas con Fondos Next Generation que derivan do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia promovido polo Goberno central e son resultado do instrumento de recuperación temporal habilitado pola Unión Europea para reducir as consecuencias da crise sanitaria pola covid-19.

Ligazón á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240314/AnuncioG0426-050324-0003_gl.html

' title='https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240314/AnuncioG0426-050324-0002_gl.html">'>https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240314/AnuncioG0426-050324-0002_gl.html">https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240314/AnuncioG0426-050324-0002_gl.html

Data de actualización: 14/03/2024