Premiado o xefe do Estado Maior do Exército de Terra, Amador Enseñat y Berea, como galego do ano 2023
2024-03-12
/documents/35297/662116/Premio+gallego+del+ano+2023.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Madrid, 12 de marzo de 2024
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no tradicional acto que organiza cada ano o club de Xornalistas Galegos en Madrid, e que serviu para premiar ao xefe do Estado Maior do Exercito de Terra, Amador Enseñat e Berea, como Galego do Ano 2023.
A presidenta do club, Pilar Falcón, indicou que «se tivo moi en conta, non só que sexa un galego o que desempeñe o cargo de máxima autoridade do Exército de Terra no noso país, se non tamén a súa traxectoria profesional e o seu servizo en operacións da OTAN, Unión Europea e Nacións Unidas».
Este galardón recibírono escritores ilustres como Camilo José Cela ou Gonzalo Torrente Ballester.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 12/03/2024