A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, reuniuse hoxe co o alcalde do concello, José María Bello Maneiro

A Xunta financiará obras de mellora no centro de día público para maiores de Valga

As actuacións desenvolveranse a través dun convenio de colaboración asinado esta mañá entre a Administración autonómica, que financiará os traballos, e o ente local, que os executará

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, entrevistouse hoxe co alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, para estudar novas vías de colaboración que permitan seguir mellorando a atención ás persoas maiores do municipio. Con este obxectivo, Fabiola García asinou un convenio co alcalde para mellorar as instalacións do centro de día, que forma parte da rede pública da Xunta de Galicia.

Este convenio desenvolverase a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que financiará as actuacións que se leven a cabo no equipamento e que se encargará de executar o Concello. O investimento previsto para esta intervención é de arredor de 20.000 euros.

Estas melloras sumaranse a outras xa feitas nesta infraestrutura, e que consistiron na mellora da accesibilidade e funcionalidade do servizo. Fai catro anos Xunta e Concello rubricaron un convenio de colaboración para a instalación dun ascensor neste centro de día, por un montante de 75.000 euros.

Outro dos asuntos tratados na xuntanza foi o funcionamento do Centro Ocupacional de Discapacidade, instalación municipal que atende a persoas e familiares de Valga e doutras localidades limítrofes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/03/2024