A Xunta imparte mañá, día 12, unha xornada formativa de poda no concello ourensán de Ribadavia a través da Oficina Agraria Móbil

Esta xornada desenvolveranse na parroquia de Santo André e abordará a poda en viñedo, co obxectivo de difundir técnicas que sexan máis respectuosas coa vide e que mitiguen a incidencia das enfermidades da madeira

A formación conta cunha parte teórica, na explanada da cooperativa Viña Costeira, e outra dirixida á práctica, que se levará a cabo en parcela no lugar de Eira de Mouros

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2024

A Oficina Agraria Móbil da Consellería do Medio Rural continúa impulsando xornadas formativas ao longo de toda Galicia. Mañá visitará o concello de Ribadavia, na provincia de Ourense, para ofrecer unha sesión de aprendizaxe sobre poda, co obxectivo de difundir un sistema máis respectuoso e que mitigue a incidencia das enfermidades da madeira.

A cita será mañá, 12 de marzo, e a formación contará cunha parte teórica e outra prácticas, con labores que se desenvolverán en parcela. A oficina agraria móbil estacionará na explanada da cooperativa Viña Costeira, en Ribadavia, para ofrecer a parte teórica e os asistentes trasladaranse, posteriormente, ata a parroquia de Santo André, no lugar de Eira de Mouros, para a práctica.

En cada un destes cursos poden participar, como máximo, 15 alumnos, que teñen que realizar a inscrición (gratuíta) previamente. Esta sesión formativa cobra importancia nesta localidade, dada a repercusión que ten o sector vitivinícola na zona.

Datos para a inscrición:

  • Curso do día 12 en Ribadavia: Correo-e: oac.seca.ribadavia@xunta.es. Teléfono: 988 788 280.
Data de actualización: 11/03/2024