A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da súa I Festa do botelo

Madrid, 9 de marzo de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou  no evento dirixido a xornalistas especializados en gastronomía e restauradores madrileños que tivo como protagonista ao botelo.

No Barco de Valdeorras e arredores, o botelo tradicional é o estómago do porco recheo de costela adobada, e afumado durante uns 15 días, para despois comelo cocido e acompañado de patacas, repolo e algún chourizo.

Ademais da xornada gastronómica, serviuse un cóctel que deu a coñecer as posibilidades culinarias do botelo. A D.O Valdeorras organizou un túnel dos viños que dirixiu o enólogo Luís Paadín.

O acto contou coa presenza do alcalde da localidade, Alfredo García e con José  Luís Cabarcos, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/03/2024