A Xunta defende o desenvolvemento de proxectos enerxéticos ambientalmente viables e que garantan a repercusión dos beneficios no territorio

Hoxe celebrouse a entrega dos premios Enerxéticos 2024 en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais Pablo Fernández Vila, defendeu a importancia de desenvolver proxectos enerxéticos ambientalmente viables e que garantan a repercusión dos beneficios no territorio no que se implanten.

Fernández Vila participou hoxe na entrega dos premios Enerxéticos 2024, organizados por Cluergal en Santiago de Compostela, xunto co secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández; a directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado; e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé.

O director xeral felicitou a todas as persoas premiadas nesta edición e tamén a Cluergal por ser o clúster que aglutina a toda a cadea de valor da industria enerxética e polo seu crecemento, pois en ano e medio logrou duplicar o número de asociados, superando xa o centenar.

Data de actualización: 08/03/2024