O Servizo Galego de Saúde publica as listas de selección temporal das categorías de enfermaría do Sergas e do 061

Resultaron admitidas 20.445 persoas

O 4,21 % foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso

As listas entran en vigor a efectos de chamamentos hoxe día 8 de marzo

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024

O Diario Oficial de Galicia publicou, na súa edición deste xoves, a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal das categorías de enfermeiro do Sergas e enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A efectos de chamamentos, estas listas entran en vigor no día de hoxe 8 de marzo.

O total de persoas aspirantes admitidas por categorías foron: 18.951 enfermeira e 1.494 enfermeira da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de 812 e 61 respectivamente.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de contratación de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado pola persoa aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Próximas publicacións

Proximamente publicaranse as listas provisionais das seguintes categorías: enfermeiro especialista en enfermaría de saúde mental, enfermeiro especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiro especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrona), enfermeiro especialista en enfermaría pediátrica, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias, médico coordinador do 061, médico asistencial do 061, pediatra de atención primaria e técnico de saúde de atención primaria.

Data de actualización: 08/03/2024