A Xunta pon de relevo na IV Edición de +Reais o seu novo Plan para impulsar a presenza feminina en sectores tradicionalmente masculinizados

Vigo, 7 de marzo de 2024

A  O secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Alberto Fuentes, participou esta tarde na IV edición de +Reais, acto organizado por Mulleres en igualdade de Vigo coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Aproveitando o lema Mulleres de hoxe, en sectores masculinizados o secretario xeral técnico puxo de relevo o novo plan que neste 2024 impulsará a formación e a contratación de mulleres en sectores onde tradicionalmente predominan os homes. En concreto, cun orzamento de 2,25 millóns de euros prevé beneficiar unhas 300 mulleres.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/03/2024