A Xunta estuda actuacións de mellora e conservación da Igrexa do Carmen de Lugo

Lugo, 7 de marzo de 2024

A Xunta de Galicia executará actuacións de mellora na igrexa do Carmen de Lugo, situada no barrio do mesmo nome na ruta do Camiño Primitivo.

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, mantivo hoxe una xuntanza na Delegación Territorial de Lugo na que representantes do Bispado e da Confraría da Nosa Señora do Carmen expuxeron as principais necesidades que presenta a capela.

Técnicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades visitarán a igrexa para analizar desde un punto de vista técnico o tipo de intervención que resulte máis conveniente para contribuír á súa conservación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/03/2024