O delegado territorial supervisa o resultado da humanización da contorna da Capela do Carme, en Cuspedriños

As obras foron posibles grazas a un investimento de 48.000 euros por parte da Xunta

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 7 de marzo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o resultado das obras realizadas na contorna do conxunto etnográfico da Capela do Carme, en Cuspedriños.

Xunto ao alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, comprobou o resultado da humanización que, grazas a un investimento da Xunta de preto de 48.000 euros, mellorou a estética da zona e creou unha vía peonil para o aproveitamento de toda a veciñanza.

Reguera destacou os bos resultados obtidos, e sinalou a importancia de “crear espazos agradables e seguros para que veciños e veciñas poidan pasear e gozar dos atractivos do seu concello”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/03/2024