O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe a unha sesión de logopedia deste servizo de FAXPG

A Xunta colabora coa Federación de Persoas Xordas de Galicia na mellora da integración de nenos con discapacidade auditiva

O obxectivo deste programa, que cumpre dez anos de existencia, é desenvolver plenamente as capacidades lingüísticas dos máis pequenos

A Coruña, 7 de marzo de 2024

 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe a unha sesión de traballo entre profesionais de logopedia e nenos con discapacidade auditiva que participan no programa de apoio a familias xordas da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). O Executivo autonómico apoia economicamente con este servizo que ten como obxectivo desenvolver plenamente as capacidades lingüísticas destes nenos para favorecer a súa integración.

O director xeral explicou que este servizo cumpre dez anos de existencia e está orientado preferentemente a nenos de ata os 6 anos de idade con discapacidade auditiva que utilizan diversas axudas técnicas para mellorar a súa audición e fala.

Jacobo Rey destacou que nos últimos anos o traballo conxunto das familias, das entidades e das administracións públicas ten permitido avanzar na mellora da calidade de vida e na integración das persoas xordas. Neste sentido, sinalou que a Xunta seguirá apoiando a FAXPG no seu obxectivo de conseguir unha sociedade cada día máis accesible e inclusiva.

 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/03/2024