Xosé Merelles salienta en A Veiga a oportunidade que supón o potencial de Galicia como destino Starlight

O director de Turismo de Galicia participa na inauguración do festival literario astronómico Al Majisti que se celebra no Centro Astronómico da vila ourensá

A Veiga, (Ourense) 17 de maio de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na inauguración do festival literario astronómico Al-Majisti 2024 que se está a celebrar na vila ourensá, onde destacou o apoio levado a cabo polo Goberno autonómico para conseguir que Galicia se posicione como destino Starlight, con destinos como A Veiga, un dos primeiros en conseguir a certificación como lugar para gozar da contemplación do ceo.

Xosé Merelles agradeceu á organización do festival literario a súa organización e indiciou que con estas iniciativas se está a contribuír a avanzar nun modelo turístico sustentable e responsable que combina a observación do ceo nocturno coa divulgación e actividades de lecer relacionadas coa astronomía e o contacto coa natureza, como este festival literario.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/05/2024