A Xunta e a Fundación La Caixa renovan o programa de atención a maiores nos 25 centros sociocomunitarios públicos de Galicia

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, e o subdirector xeral da Fundación ‘la Caixa’, Marc Simón Martínez, asinaron esta mañá a renovación do convenio de colaboración para desenvolver programas de autonomía persoal a maiores nos 25 centros sociocomunitarios públicos galegos.

A través deste novo convenio, renovaranse todos os equipos informáticos nestas instalacións e poderase mellorar a atención a maiores con máis actividades e servizos. A conselleira en funcións agradeceu á Fundación o seu labor social e destacou que o Goberno galego sempre está disposto a colaborar con todos os axentes da sociedade na mellora dos servizos e prestacións a disposición das persoas maiores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/03/2024