Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta convoca case 400.000 euros en axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que regula estas subvencións, que se poderán solicitar no prazo dun mes a contar dende mañá
A Xunta investiu preto de 2 M€ na concentración parcelaria de Foxáns-Bendaña, no Concello de Touro
A superficie afectada ascende a máis de 461 hectáreas, pasado de máis de 6300 parcelas a menos de 1000 fincas, o que supuxo que a superficie media por predio se multiplicase por sete
A Xunta e o Concello do Incio avanzan no desenvolvemento da aldea modelo de Trascastro e no impulso da riqueza dos soutos tradicionais
Os traballos nos soutos, que se están a inventariar, darán continuidade á aldea modelo e terán un impulso coa entrada en vigor da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e a súa figura das agrupacións de xestión conxunta
O conselleiro do Medio Rural reuniuse co alcalde de Entrimo para avanzar na potenciación da súa riqueza forestal
José González explicoulle ao rexedor as posibilidades que abre a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia para mellorar a xestión dos terreos agrogandeiros e forestais
Feijóo avoga por que o sector da carne e o do viño conten cunha estratexia de dinamización propia para aproveitar o seu potencial de desenvolvemento
Asevera que a Xunta seguirá apostando pola marca Galicia Calidade e apela ao traballo co sector agrogandeiro, para potenciar os produtos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou que cumpran requisitos de excelencia
A Xunta destaca que máis da metade das explotacións agrarias de Galicia están en mans de mulleres e pon en valor o seu papel de emprendedoras no agro
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias salientou que dentro das axudas para creación de pequenas explotacións, no período 2016-2019 as mulleres superan os homes en número de beneficiarias
A Xunta destina case 33.000 euros á mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas en Xunqueira de Espadanedo
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o alcalde desta localidade ourensá reuníronse para analizar as posibilidades de arranxo de distintas vías de comunicación do municipio
Arias destaca que a Escola de Carniceiros de Galicia permitirá cubrir a demanda de profesionais por parte das empresas do sector cárnico
O delegado territorial da Xunta en Lugo salientou que o centro xa foi inscrito no rexistro de entidades galegas de formación para o emprego
Alumnos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias dependente da Xunta realizan prácticas nunha parcela de 23 hectáreas preto da ría de Ribadeo
A formación práctica lévase a cabo en virtude dun convenio asinado entre a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e o propietario do predio “O Costal”, onde se impulsou un proxecto de recuperación paisaxística e medioambiental
A Xunta destina 200.000 euros ás axudas para a nova participación de produtores en réximes de calidade
Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade, así como a cota anual de participación