Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

09/07/21 | 11:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca o traballo pola inclusión de Cáritas en Pontevedra e anima á colaboración para o remate do novo albergue de San Javier

O delegado territorial visita as obras de construción do recinto, que contan cunha achega de 300.000€ da Xunta, e solicita o apoio das administracións e de toda a sociedade para rematar o inmoble

08/07/21 | 13:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta licita as obras nas escolas infantís públicas autonómicas de Bouzas e Relfas-Sárdoma por 480.000 euros

Renovaranse as cubertas dos dous centros da cidade de Vigo por un importe de 430.000 euros e realizaranse outras melloras por outros 51.000 euros

08/07/21 | 13:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia destina preto de 300.000 euros para o funcionamento do comedor social da Cociña Económica da Coruña

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe a entidade afincada na cidade herculina

08/07/21 | 13:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega máis de 2,7 millóns de euros á Asociación Galega de San Francisco para mellorar a atención terapéutica e ocupacional das persoas con discapacidade intelectual

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá a sede da entidade, situada en Vigo

06/07/21 | 13:50 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia presenta as vacacións de verán do programa Special Olympics, que ofrecerá máis de 150 prazas para persoas con discapacidade intelectual

Un total de 60 monitores serán os encargados de atender e acompañar aos participantes nas diferentes estancias

05/07/21 | 13:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia concede 16 axudas para crear novas casas niño, que xa suman 93 en toda a comunidade

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o listado das axudas concedidas nesta convocatoria, a sexta desde a implantación do programa en 2016

05/07/21 | 11:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste 200.000 euros para a rehabilitación dunha vella casa cuartel en Xunqueira de Ambía como vivenda e centro sociocomunitario

A vivenda comunitaria abriu as súas portas hai unhas semanas e conta con oito usuarios, mentres que o centro sociocomunitario está pendente de mobiliario

04/07/21 | 12:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia ofrece 185 prazas nos campamentos específicos para persoas con discapacidade

Estas actividades permiten proporcionar un ocio educativo seguro e inclusivo, así como promover a educación ambiental e hábitos saudables

02/07/21 | 14:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa unha reforma da residencia de maiores da Estrada cun investimento de 127.000€

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o delegado territorial, Luis López, anuncian esta actuación nunha visita ao centro da terceira idade xunto ao alcalde do concello, José López