Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta colabora co concello de Pereiro de Aguiar na urbanización do entorno do CEIP Ben-Cho-Shey cunha axuda de preto de 32.000 euros
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o concello de Pereiro de Aguiar, onde indicou que as obras levadas a cabo son a través das axudas do Fondo de Compensación Ambiental, que nesta convocatoria conta cun orzamento de 12,5 millóns de euros
Un total de 213 centros e máis de 10.000 escolares participan no programa Clubs de Lectura neste curso 2020-21
Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia que ten por obxectivo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe
A Xunta distingue a 74 estudantes universitarios cos Premios Extraordinarios Fin de Carreira
O galardón, dotado con ata 3.500 euros por premiado, é un recoñecemento á súa excelente traxectoria académica
A Xunta e a USC colaboran para seguir mellorando o confort térmico nas aulas cunha ventilación óptima fronte á covid-19
O espazo web ventilacion.usc.es ofrecerá aos centros que o desexen pautas de renovación do aire compatibles con situacións meteorolóxicas desfavorables
Un total de 127 persoas desempregadas beneficiaranse das axudas da Xunta para cursar un master universitario
O importe vai dos os 591 e aos 835,80€, en función da titulación
A Xunta licita por preto de 800.000 € a mellora das instalacións no IES de Curtis, no CEIP Primeiro de Marzo de Baiona e no IES Torrente Ballester de Pontevedra
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de iniciar a contratación das obras, que terán un prazo de execución de dous meses
A Xunta licita por preto de 300.000 euros a mellora da cuberta do CEIP Mariñamansa, en Ourense
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de iniciar a contratación das obras, que teñen un prazo de execución de tres meses
Fernández-Tapias supervisa as obras de ampliación do IES Salvaterra de Miño no que a Xunta está a investir 587.000 euros
A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, destaca que unha vez finalizada a intervención o alumnado do ciclo formativo de madeira, moble e cortiza poderá realizar as clases prácticas nas instalacións do propio centro
A Xunta recoñece as boas prácticas en materia de educación inclusiva de oito centros educativos galegos
O galardón ten como obxectivo impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa
Un total de 56 centros educativos incorpóranse ao programa 'Club de Letras' para fomentar as competencias lingüísticas
A temática principal deste curso xira en torno ao coidado persoal e a atención ás persoas en situación de vulneabilidade