Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

03/01/22 | 11:48

A Xunta ultima os traballos de remodelación integral do bordo portuario de Porto do Son cun investimento de 4 millóns de euros

A titular de Mar comprobou o desenvolvemento das obras, que afectan a un total de 26.000 metros cadrados da localidade

28/12/21 | 14:43

A Xunta licita por 645.000 euros as obras de ampliación da lonxa de Campelo, en Poio

As actuacións proxectadas por Portos de Galicia no edificio pretenden facilitar o labor que desenvolven nel as confrarías de Lourizán, Raxó e Pontevedra

15/12/21 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 106.000 euros a redacción do proxecto de mellora do saneamento na Seca e no porto de Campelo, en Poio

A actuación, incluída no Plan de saneamento local, consistirá na execución dun novo tanque de tormentas na Seca que regule o caudal cara á estación do porto de Campelo

02/12/21 | 14:14

A Xunta inviste case 400.000 euros na mellora dos pantaláns do Freixo, no municipio de Outes

Portos de Galicia está a executar estes traballos incluídos nunha actuación xeral para oito peiraos da provincia da Coruña que conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros

17/11/21 | 14:07

A Xunta executa melloras no porto de Muxía por importe de máis de 360.000 euros

A presidenta de Portos de Galicia visitou as obras de reposición da envolvente da lonxa e dotación de defensas e escadas

13/11/21 | 10:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta aos presidentes e operadores portuarios a estratexia de infraestruturas loxísticas prioritarias para Galicia no Corredor Atlántico

Os presidentes das autoridades portuarias de Vigo, A Coruña e Ferrol participarán no encontro, que presentará a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez

07/11/21 | 12:23

A Xunta ten en marcha un plan de renovación de elementos de seguridade en 69 dos 122 peiraos de titularidade autonómica

Portos de Galicia inviste 153.000 euros na reposición de varandas e pasamáns en máis da metade das dársenas dependentes do Executivo galego

05/11/21 | 13:44

Portos de Galicia inicia a reflotación do buque pesqueiro ‘L´Etel’ no peirao de Ribeira

O ente público destina 332.000 euros tanto a esta actuación como ao tratamento dos restos da embarcación, uns labores que contan cun prazo de execución de arredor de cinco meses