Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

16/11/22 | 13:50

A Xunta inclúe a Carballeira de Baio, no concello de Zas, no Catálogo galego de árbores senlleiras

O seu valor non só se reflicte nos portes e formas dos carballos que posúe senón tamén na importancia paisaxística e estética, ademais da relevancia cultural polo uso tradicional que se fai nela

15/11/22 | 15:54

O Plan de xestión de Fragas do Eume supera un dos últimos trámites previos á súa aprobación definitiva

Belén do Campo presenta os puntos básicos do futuro PRUX, que propón unha nova zonificación das case 10.000 hectáreas do espazo natural, especificando os usos permitidos e restrinxidos desde o punto de vista agrogandeiro, forestal ou recreativo
 

15/11/22 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o litoral galego

Agárdase vento de forza 7 e mar combinada con ondas que poden acadar na provincia da Coruña ata 7 metros

15/11/22 | 13:46

A Xunta pon en valor o compromiso do Concello de Muros co medio ambiente e a conservación da paisaxe coa concesión da bandeira verde de Galicia

O Goberno galego destinará 80,6 M€ en 2023 a accións para preservar os espazos naturais e para apoiar aos concellos na boa xestión dos residuos, na mellora dos espazos públicos ou na corrección de impactos paisaxísticos

14/11/22 | 15:37

A Comisión Europea anima a Galicia a identificar outras rexións locomotoras no eido do cambio climático para intercambiar experiencias e iniciativas

Ángeles Vázquez e Diana Acconcia coinciden na importancia do traballo a nivel rexional para avanzar de forma eficaz na adaptación a este fenómeno global

13/11/22 | 11:37

A Xunta pon en valor a gobernanza rexional e local para afrontar os desafíos do cambio climático

Ángeles Vázquez salienta o esforzo que está a facer a Xunta como coordinadora do Pacto das Alcaldías en Galicia
 

11/11/22 | 14:06

Sogama prevé que a planta de biorresiduos de Vilanova de Arousa dea servizo a 26 concellos en 2023

Emprazada no polígono industrial de Baión, levantarase sobre un terreo que ocupa sete parcelas -20.000 m2 - polas que a empresa pública desembolsou 1,5 M€

11/11/22 | 14:04

A Xunta recolle achegas na COP27 para enriquecer a futura Lei do clima de Galicia e adaptala ao reto global de acelerar a redución das emisións GEI

Ángeles Vázquez avanza en Exipto que remitirá o novo proxecto normativo ao Parlamento a comezos de 2023, co obxectivo de que poida aprobarse antes do verán