Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

30/11/22 | 12:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia na Coruña, Santiago, Barbanza e Costa da Morte 49 proxectos do plan 'O Teu Xacobeo' para estender a programación sociocultural do Ano Santo a toda a sociedade

No caso concreto da cidade da Coruña apoiáronse 12 proxectos no 2022 grazas a unhas axudas de 156.000 euros que mobilizaron 350.000 euros

30/11/22 | 12:25 | Axencia de Turismo de Galicia

Fernández-Tapias anuncia a apertura do ciclo ‘Concertos na Esencia do Camiño’ do programa Xacobeo na Concatedral de Vigo coa Banda de Gaitas

A delegada territorial da Xunta salienta a iniciativa da programación que levará tamén a música e a iluminación ata Tui, Baiona, Oia e Pontevedra

29/11/22 | 15:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego comeza os ensaios de ‘Un hotel de primeira sobre o río’ a partir da obra de Xohana Torres

María Torres e Gonçalo Guerreiro asumen a dirección artística deste espectáculo, que chegará aos escenarios a próxima primavera na que será a primeira produción profesional que leve a escena este texto

29/11/22 | 13:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta crea unha aceleradora de proxectos musicais para estimular a profesionalización do sector e impulsar artistas emerxentes

Destina un orzamento de 240.000 euros á posta en marcha deste programa cunha primeira fase de consultaría encamiñada ao lanzamento de produtos musicais e unha segunda para a súa promoción e difusión

28/11/22 | 14:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia o inicio dos trámites para declarar BIC o conxunto arquitectónico de Barcia de Mera


A incoación, que permitirá ao Concello acollerse a axudas para a súa rehabilitación, abrangue a igrexa parroquial, a casa reitoral e os espazos anexos

28/11/22 | 14:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Patrimonio Cultural autoriza ao Concello de Vigo a humanización da Praza de San Mauro en Matamá

A Dirección Xeral comunica ao Concello de Vigo o seu informe favorable á actuación na parroquia con varias condicionantes sobre o documento municipal presentado

28/11/22 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta financiará con 72.000 euros actuacións de modernizacion nos Multicines Odeón de Narón e nos Dúplex de Ferrol

A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, deu conta da resolución destas axudas durante unha visita ás instalacións situadas no centro comercial naronés
 

28/11/22 | 13:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado territorial da Xunta en Ourense presenta o espectáculo de circo, maxia e danza 'Inventio'

Gabriel Alén explicou que esta proposta escénica de gran formato conta co apoio da Xunta de Galicia, a través do programa Xacobeo 21-22, e está concibida para público familiar brindará un total de tres funcións no Auditorio Municipal ourensán entre o venres 2 e o sábado 3 de decembro

27/11/22 | 15:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recoñece o talento dos mellores artistas en danza moderna no marco do programa Xuventude Crea

O primeiro premio foi para Saray Alonso Amorín e Pablo Vázquez Durán, de Gondomar, pola súa obra Salgadura

27/11/22 | 14:33

A Xunta e Ecoembes colaboran na campaña Separar con Xeito co reto de achegar a reciclaxe de envases a 300 feiras e eventos gastronómicos en toda Galicia

A iniciativa busca impulsar a economía circular, a través do depósito de envases de plásticos, latas e briks no contedor amarelo e dos envases de papel e cartón no azul, e concienciar á sociedade dos beneficios que ten reciclar para o medio ambiente