Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 108 novas da área temática Cooperación:

15/03/21 | 16:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Universidade da Coruña colaboran na xestión dos recursos hídricos en Mozambique para mitigar o impacto do cambio climático

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o presidente do Padroado da Fundación Universidade da Coruña, José María Barja, asinaron hoxe o acordo para fortalecer as capacidades técnicas neste país mediante a cooperación

07/02/21 | 12:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a súa colaboración internacional cunha intervención para previr a pandemia nas escolas de Mozambique

Esta actuación, que permitirá adquirir material de prevención e hixiene básica para once escolas, beneficiará a máis de 4.000 persoas na provincia de Manica

04/02/21 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que o novo servizo municipal de Noia permitirá reducir os tempos de resposta e mellorar a cobertura das emerxencias na zona

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicaron hoxe a posta en funcionamento do novo servizo de emerxencias que atenderá aos municipios de Noia, Lousame e Porto do Son

31/01/21 | 13:00

A Xunta convoca os Premios á Cooperación cos que recoñece o labor e o esforzo das cooperativas galegas

Haberá tres modalidades dotada cada unha delas con 5000 euros: á mellor cooperativa nova, á traxectoria cooperativa e o premio aos valores cooperativos

28/01/21 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementa nun 12% o orzamento do Plan anual da cooperación galega para 2021 ata os 7,4M€

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode), na que se aprobou por unanimidade o Plan anual 2021 da Cooperación Galega

21/01/21 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola colaboración cos concellos para poñer en marcha os dous novos GES aprobados para a provincia de Ourense

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicaron hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, a posta en funcionamento dos Grupos de Emerxencias Municipal de A Veiga e Maceda

25/12/20 | 11:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Farmamundi colaboran na subministración de auga potable e servizos de saneamento en Honduras

As actuacións centraranse en atender as necesidades de auga e saneamento de 650 persoas afectadas polas tormentas Eta e Iota, ás que tamén se lle facilitarán produtos básicos de limpeza e hixiene

21/12/20 | 13:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traballa nunha estratexia de resposta á covid-19 para adecuar os mecanismos da cooperación galega ás necesidades dos axentes da cooperación e das comunidades sociais

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe por videoconferencia na reunión da Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento

20/12/20 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Faramundi colaboran na mellora da atención sanitaria no Iemen

As actuacións centraranse en brindar apoio aos centros de saúde para a prevención e tratamento da pandemia de covid-19

11/12/20 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Programa Iacobus incorpora ao persoal das fundacións, centros académicos clínicos e institutos de investigación de saúde nas súas estadías

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da CCDR-N, António Cunha, asinaron hoxe a incorporación das 6 entidades que se adhiren á iniciativa da AECT Galicia-Norte de Portugal