Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

14/01/21 | 12:43

A Xunta valora as accións da Federación de Veciños de Lugo a prol da recollida selectiva, centradas nas zonas rurais

O delegado territorial da Xunta e a directora xeral de Calidade Ambiental coñecen da man desta agrupación as futuras liñas de actuación, entre elas, a eliminación de vertedoiros incontrolados

12/01/21 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación dos 20 concellos beneficiarios das axudas da Xunta da convocatoria de 2020 para elaborar os plans de emerxencia fronte á seca

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé que neste ano 40 municipios terán os seus documentos preparados para poder anticiparse a situacións de seca

12/01/21 | 11:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Laracha conta cun novo punto limpo móbil grazas a unha achega da Xunta de máis de 58.000€

Trenor destacou que o Goberno galego financiou 7 proxectos de mellora da xestión de residuos nos municipios de Bergantiños-Costa da Morte cunha achega de máis de 244.000 euros

11/01/21 | 18:24

Medio Ambiente colaborará co concello de Lobios nun paquete de medidas para acondicionar o Parque Natural do Xurés

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión por videoconferencia coa rexedora municipal, quen lle plantexou unha serie de melloras de accesibilidade para facilitar o uso deste espazo natural por persoas con diversidade funcional

11/01/21 | 16:24

A Xunta solicita ao Estado a inclusión da dispersión poboacional como criterio de reparto dos fondos do Plan de recuperación

A conselleira Ángeles Vázquez participou hoxe na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, onde pediu que na distribución de investimentos entre os proxectos en materia de residuos e de saneamento de augas non se penalice ás comunidades que cumpren ou teñen mellores indicadores respecto dos obxectivos que fixa a UE

11/01/21 | 12:35

Medio Ambiente somete a información pública por un prazo de dous meses o Plan Básico Municipal do Concello do Páramo

A partir de hoxe, todas as persoas ou entidades interesadas poderán presentar as súas achegas ao documento, aprobado inicialmente o pasado 10 de decembro

08/01/21 | 15:20

Axentes da Consellería de Medio Ambiente interceptan a dous pescadores furtivos de salmóns no río Ulla

Os denunciados foron localizados durante a tarde do pasado día 6 de xaneiro no lugar de Ollares, unha das mellores zonas para a reprodución desta especie

08/01/21 | 12:32

A Xunta conclúe o trámite ambiental do proxecto da terminal de autobuses integrada na estación intermodal da Coruña

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se fai público o informe de impacto ambiental correspondente, que conclúe que non son previsibles efectos significativos no medio ambiente pola construción da nova infraestrutura

06/01/21 | 11:53

Galicia despediu o ano 2020 cun decembro moi húmido e no que as temperaturas medias se moveron en valores normais

O avance do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia subliña que o período estivo marcado pola chegada consecutiva de varios centros de baixas presións que deron paso á entrada de borrascas frías na última semana

05/01/21 | 15:24

As obras para mellorar o espazo polivalente no núcleo de Celeiros en Chandrexa de Queixa poden comezar en xaneiro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xa asinou o contrato coa empresa adxudicataria, por un importe de case 75.000 euros