Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Audiovisual:

04/03/21 | 17:35

Galicia reivindica a importancia da conexión ferroviaria a Punta Langosteira para garantir a competitividade e a rendibilidade do peirao

A Xunta lembra que esta infraestrutura é vital para que o porto exterior poida captar novos tráficos e seguir medrando en beneficio da súa área metropolitana e do conxunto da comunidade galega

04/03/21 | 13:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora coa Escola de Enxeñería Forestal para a formación práctica do alumnado mediante realidade virtual

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López, participaron na presentación do simulador que a Administración autonómica cede ao centro pontevedrés

03/03/21 | 13:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que co Polo aeroespacial e a Unidade Mixta de ITG e Star Defence Galicia se posiciona na vangarda desta industria

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na Coruña na presentación da iniciativa FASTFly 2035, cun investimento de 4 millóns de euros e centrada na intelixencia artificial aplicada ás operacións con drons

02/03/21 | 18:11 | C. de Economía e Industria

Conde informa á CEG de que a nova lei de reactivación achegará maior axilidade e seguridade na tramitación de proxectos empresariais

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse hoxe coa Confederación de Empresarios de Galicia para seguir abordando as medidas de recuperación da economía galega

02/03/21 | 13:51 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avalía con Repsol as posibilidades que ofrecen os Fondos Next Generation

O presidente explicou polo miúdo o Polo para a Transformación de Galicia e recorda que está aberto á participación das empresas

02/03/21 | 13:00 | C. de Economía e Industria

A automoción, as conservas e o naval destacaron entre os sectores que máis contribuíron ás vendas das empresas galegas no exterior en 2020

O director do Igape, Fernando Guldrís, informou dos resultados das exportacións durante o ano pasado, que superaron os 20.000M€ por cuarto exercicio consecutivo

02/03/21 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias apela á responsabilidade de toda a sociedade para avanzar con éxito na reactivación dos sectores económicos da provincia de Lugo

O delegado territorial da Xunta destacou “o inmenso esforzo que están a facer os negocios de hostalería para cumprir as medidas anticovid e reabrir progresivamente con tódalas garantías de seguridade”

01/03/21 | 17:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias apela á responsabilidade e pide prudencia ante as imaxes desta fin de semana tras a flexibilización das restricións

A delegada territorial en Vigo xunto ao presidente en Asehospo, César Ballesteros, fixeron balance do cumprimento do Plan de Hostalería segura da Xunta

28/02/21 | 10:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta do sector audiovisual galego por impulsar a súa transformación dixital a través dun proxecto co que agarda captar fondos europeos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse con representantes do Clúster Audiovisual que lle presentaron a iniciativa ‘Spain Audiovisual Hub-Nodo Galicia’