Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

21/01/21 | 13:54

O ano pasado foi lixeiramente seco e moi cálido en Galicia, que rexistrou a segunda temperatura media máis alta desde 1961

O avance do informe climatolóxico anual elaborado por MeteoGalicia conclúe que 2020 foi un período caracterizado polos elevados valores que acadaron os termómetros, sobre todo no que respecta ás temperaturas mínimas

21/01/21 | 10:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal e por vento en toda a comunidade galega

Alértase dun fenómeno meteorolóxico por ventos do sur e suroeste con refachos de ata 100 Km/h

20/01/21 | 15:02

O lobo mariño rescatado en Valdoviño embarca mañá desde Vigo para ser liberado en alta mar tras completar a súa recuperación

‘Rube’ foi localizado a mediados de novembro na ría de Cedeira con síntomas de desnutrición e varias feridas tras quedar atrapado nas redes dun barco

19/01/21 | 18:46

Medio Ambiente propón ao concello de A Gudiña acudir ao fondo de cooperación para rehabilitar vivenda no municipio

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión por videoconferencia co rexedor municipal, á que lle brindou o asesoramento do Instituto Galego de Vivenda e Solo para avanzar neste obxectivo en materia de vivenda

18/01/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis de 164.000 euros en diferentes actuacións medioambientais no concello de Ortigueira

A directora xeral de Administración Local destacou que o Fondo de Compensación Ambiental deixou na comarca de Ferrolterra máis de 937.000 euros en 14 proxectos

17/01/21 | 13:15

Galicia comparte o seu coñecemento sobre a contaminación por microplásticos no medio mariño nun encontro internacional de expertos nesta materia

Persoal do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) participou esta semana no evento ‘Microplásticos no Medio Ambiente: Impactos nos ecosistemas e na saúde humana’, organizado pola Universidade das Illas Baleares e que se celebrou de xeito telemático

17/01/21 | 12:04

Medio Ambiente abre unha rolda de contactos coas entidades de pesca para abordar a próxima tempada e a nova orde de axudas

A conselleira Ángeles Vázquez mantivo esta semana unha reunión telemática con membros das sociedades máis representativas do sector na provincia de Ourense

16/01/21 | 10:25

A futura Lei de arquitectura recibe case 40 achegas no período de consultas previas e avanza na súa tramitación para aprobación inicial

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda agradece a participación e implicación da sociedade no período de consultas previas desta nova ferramenta específica nesta materia

15/01/21 | 13:16

Ángeles Vázquez subliña o esforzo inversor da Xunta en Palas de Rei, con case 800.000 euros mobilizados en actuacións urbanísticas

A conselleira de Medio Ambiente visitou hoxe o concello lucense para comprobar os avances da obra que se está a executar nas Lagas, consistente na construción de beirarrúas co fin de mellorar a accesibilidade e a seguridade nesta zona

14/01/21 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invistiu máis de 89.000€ en diferentes actuacións medioambientais nos concellos de Negreira e A Baña

Trenor destacou que o Fondo de Compensación Ambiental deixou na comarca de Santiago máis de 416.000 euros en 16 proxectos