Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta construirá unha senda na estrada autonómica AC-421 entre Valenza e Castrobó, no concello de Coristanco
Este contrato, adxudicado por un importe de máis de 30.000, comezará nas vindeiras semanas
A Xunta abre hoxe ao tráfico o trazado mellorado na estrada AC-566, desde a saída de Valdoviño ata A Ramalleira, no que se está a investir máis de 3,6 M€
Os avances nas obras de mellora da seguridade viaria da estrada Valdoviño-Cedeira permiten poñer xa en servizo provisional un carril por sentido de circulación
A Xunta asinará en marzo un convenio co Concello de Pantón para dotar de abastecemento de auga varias parroquias do municipio cun investimento de 650.000€
O Goberno galego contratará e executará as obras, que permitirán achegar o servizo de abastecemento ás parroquias de San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e Santo Estevo do Mato
A Xunta construirá unha nova senda peonil na estrada autonómica PO-235 no concello da Lama
? As obras, que suporán un investimento autonómico de máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas
O obxectivo é mellorar o tránsito peonil executando un itinerario na marxe esquerda da estrada, entre os puntos quilométricos 12+820 e 13+510, que actualmente non conta con zona de circulación a pé independente do tráfico rodado
A Xunta adxudica a explotación das estacións de autobuses de Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo para os vindeiros 5 anos, por un valor estimado de máis de 2,4 M€
No caso da estación de autobuses intermodal de Vigo, ao atoparse en obras, o comezo da súa concesión quedará condicionado á recepción das instalacións
A Xunta investirá 334.000 euros na construción das sendas de Soesto e de Serantes, na antiga traza da estrada autonómica AC-433, no concello de Laxe
Habilitaranse en total algo máis de 1,3 quilómetros de itinerarios peonís ao longo desta vía, co obxectivo de facilitar os desprazamentos a pé dos veciños e favorecer unha mobilidade máis segura e sostible nestes núcleos
A Xunta invistiu máis de 120.000 euros na mellora das beirarrúas do parque empresarial de Merelle en Ordes
Trenor animou aos alcaldes da comarca de Santiago a solicitar as axudas de máis de 8 millóns para a mellora dos parques empresariais
A Xunta destaca o investimento de 10 M€ na mellora da rede de saneamento de Vilagarcía que, xunto coa ampliación da depuradora, reducirá o 97% dos vertidos do municipio á ría
Ethel Vázquez detalla que, en apoio ás competencias municipais de saneamento, a Xunta renovará os colectores da avenida Rodrigo de Mendoza, executará 2 tanques de tormenta, na contorna da praza e Fexdega, e novos colectores e impulsións
A Xunta adxudica por preto de 375.000€ as obras para completar a renovación integral de beirarrúas en Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei
Actuarase en preto dun quilómetro da travesía da estrada LU-113, desde o centro, á altura da praza de Galicia, ata a saída do núcleo urbano en sentido Abadín
A Xunta dará trámite de audiencia a todos os interesados antes de resolver a concesión de Ponte do Inferno, no río Verdugo, de acordo á normativa e atendendo ao interese xeral
Ethel Vázquez remarca que a Xunta, cumprindo as súas obrigas e seguindo escrupulosamente a lei, está a analizar polo miúdo todas as circunstancias xurídicas, hidráulicas e ambientais para adoptar a decisión máis acaída