Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

07/02/22 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta senta as bases para a remodelación da Rede Galega de Música ao Vivo xunto co sector

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse cos responsables das asociacións que representan os intereses dos músicos e das salas para abordar o novo sistema de financiamento deste programa mediante a convocatoria de subvencións

06/02/22 | 12:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 900.000 euros nas 17 iniciativas impulsadas en 2022 polo plan de convenios de industrias culturais

Esta vía de apoio, complementaria ao programa anual de subvencións, destina máis de 300.000 euros ás artes escénicas, a mesma cantidade á música e arredor de 200.000 euros ao audiovisual, ademais da colaboración coa feira Culturgal

05/02/22 | 12:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca máis de 50 novas bolsas para impulsar a formación de especialistas en arquivos e bibliotecas

Cun orzamento global de 575.600€, promoverase a aprendizaxe laboral tanto no Sistema de Arquivos de Galicia como na rede de bibliotecas xestionadas pola Xunta

04/02/22 | 13:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un ciclo de conferencias con expertos internacionais sobre a figura de María Casares inaugurará as conmemoracións da Xunta no centenario da artista

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a iniciativa que se celebrará desde o 9 de febreiro no Museo de Belas Artes da Coruña con entrada de balde

04/02/22 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Festival Kerouac leva a poesía galega a México co apoio da Xunta

A poeta galega Fátima Delgado presentará en primicia unha peza dramática para o seu devanceiro, Florencio Delgado, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas

03/02/22 | 14:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A serie de vídeos de `Brincadeiras da lingua’ chega cunha segunda edición para seguir difundindo os ditos infantís galegos

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta nova entrega de pílulas audiovisuais realizadas ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo

03/02/22 | 10:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás volve coas 'Matinais musicais' combinando canción de autor e obras contemporáneas con propostas novidosas como a tablemusic

A cantautora galega Leticia Rey, gañadora do certame de artistas emerxentes convocado por Estudios Mans da Fundación Paideia, abre esta edición de concertos de inverno este sábado

02/02/22 | 11:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta demanda ao Goberno central a posta en marcha dun PERTE cultural que recoñeza o peso do sector na economía e contribúa ao seu fortalecemento

Román Rodriguez chama a traballar unidos para aproveitar esta “oportunidade estratéxica de impulsar unha cultura mellor, unha cultura de vangarda que ten demostrado o seu peso na actividade económica do país”

02/02/22 | 10:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 4000 participantes inician hoxe o reto de ‘21 Días co galego e +’ baixo o lema ‘Creando en galego no século XXI’

Doce centros debutan no programa, que se estende por segundo ano consecutivo á etapa de Primaria

01/02/22 | 17:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén subliña o papel da cultura na formación e o desenvolvemento do eixo atlántico

O delegado territorial manifestou que ‘as proximidades e similitudes que nos definen non se limitan ao ámbito estritamente xeográfico, senón que se aprecian tamén nas sensibilidades parellas e nunha forma moi determinada de entender a realidade’