Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

29/01/20 | 19:03

Rosa Quintana enxalza o labor do historiador José Manuel Vázquez Lijó na difusión do papel da xente do mar de Porto do Son

A conselleira sinalou que a obra deste autor permite coñecer a historia e as tradicións desta vila mariñeira e aborda aspectos como a reforma do porto a finais do século XVIII, a tipoloxía das embarcacións ou a toponimia

28/01/20 | 13:24

Galicia insta ao Goberno do Estado a aclarar de xeito oficial se paraliza a reforma do regulamento de Costas que tiña en marcha

A Xunta lamenta non ter recibido ningunha notificación do Executivo central e pide que explique se é certo o anuncio realizado por un concelleiro socialista do Concello de Vilanova de Arousa

27/01/20 | 11:04

Hoxe comeza o prazo de matrícula para os exames de carácter libre das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente

As probas realizaranse o vindeiro mes de abril no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

26/01/20 | 11:52

A dixitalización, a automatización e a robótica avanzada son os principais retos da frota oceanográfica europea

É unha das principais conclusións dunha xornada celebrada esta semana no Centro Tecnolóxico do Mar sobre os desafíos máis inmediatos aos que se enfronta o sector dos buques de investigación

25/01/20 | 11:07

Galicia promove a posta en valor do oficio das redeiras a través da colaboración coa súa federación

A Federación ‘O Peirao’ beneficiarase este ano de 13.000 euros a través de dúas colaboracións para facer fronte a gastos derivados da súa actividade e para investimentos que redunden na mellora da competitividade deste colectivo

22/01/20 | 14:00

Galicia alerta de que a reforma do regulamento de Costas pon en risco "como minimísimo" a máis dun cento de empresas do seu complexo mar-industria

A Xunta leva advertindo desde abril do ano pasado da inseguridade xurídica que xera a proposta do Goberno do Estado e de que pode supoñer un freo para todo o sector marítimo pesqueiro da comunidade

22/01/20 | 12:26

Galicia impulsará o funcionamento e mellora da competitividade das súas confrarías de pescadores a través das súas federacións

As catro entidades que agrupan ás 63 confrarías galegas beneficiaranse este ano de máis de 400.000 euros para facer fronte a gastos derivados da súa actividade e á implantación de melloras para optimizar o seu labor
 

21/01/20 | 12:48

O complexo mar-industria de Camariñas beneficiouse desde 2009 de preto de 15 millóns de euros para mellorar as súas infraestruturas

As melloras nas instalacións portuarias deste concello contaron con máis de seis millóns de euros de investimento e os apoios á industria de transformación e comercialización dos produtos do mar superaron os tres millóns

17/01/20 | 13:20

Galicia destaca que o acordo de cotas de pesca para este ano supón unha mellora de máis do 16% en relación á proposta inicial da Comisión Europea

Os informes levados pola comunidade a Bruxelas contribuíron a mellorar o duro punto de partida das negociacións e a que Galicia manteña case as mesmas posibilidades de captura que en 2019 nas principais especies

14/01/20 | 11:43

Galicia impulsa a modernización dos medios marítimos do Servizo de Gardacostas con 6 millóns de euros no orzamento deste ano

A Consellería do Mar aumenta máis dun 50% o orzamento de 2020 para a renovación parcial da frota deste servizo