Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A economía social creou en Galicia máis de 125 novas empresas ao longo de 2020 pese á covid-19
A Xunta aposta por esta fórmula empresarial e, por iso, incrementou este ano nun 22% o seu apoio ás cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral ata chegar aos 33 millóns de euros
A Xunta destaca o obradoiro de Rosa Méndez en Teo como exemplo da capacidade da artesanía galega para reinventarse grazas á dixitalización
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinala que o comercio electrónico é un dos principais retos do sector
Conde destaca o esforzo das pemes galegas por facer que a transformación dixital forme parte da súa cultura de empresa
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou no obradoiro Oportunidades tecnolóxicas reais para a dixitalización das empresas galegas, organizado pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (Ineo)
A Consellería do Mar reforza a xestión dos fondos europeos a través da creación dun departamento específico centrado na súa optimización e aproveitamento
Crea a Subdirección Xeral de Planificación, Seguimento e Verificación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, que coordinará os distintos organismos intermedios na xestión dos programas operativos dos fondos europeos e colaborará na súa elaboración, no seu seguimento e no seu control para mellorar a súa eficiencia en beneficio do sector marítimo-pesqueiro
Conde avalía cos alcaldes da Gudiña, da Peroxa e de Riós novas oportunidades para o tecido empresarial destes concellos
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana encontros cos tres rexidores
A Xunta esixe do Goberno central un documento clarificador das axudas estatais comprometidas para o Xacobeo
O vicepresidente primeiro subliñou no Parlamento de Galicia que, de non se ter ampliado o Ano Santo, chegaría tarde a participación do Estado nun dos eventos máis internacionais dos que se celebran en España
A Xunta apela ao compromiso de todas as administracións para que a transición ecolóxica sexa unha oportunidade para a industria de Ferrolterra
Subliña a disposición de Galicia a colaborar co Goberno para que encontre unha solución que dote de carga de traballo os estaleiros de Navantia e para que se evite o peche da central das Pontes a través do uso de biocombustibles
A Xunta impulsa a innovación no grupo Iberconsa a través da contratación de persoal investigador
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo visitaron esta mañá a planta deste grupo internacional referente no ámbito da pesca e da transformación e distribución de produtos do mar conxelados