Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e Feuga impulsan a FP Dual a través de bolsas de formación para o alumnado
O conselleiro de Educación e o director xeral de FEUGA asinan o convenio co que se renova a colaboración para facilitar o réxime de axudas entre empresas e estudantes
A Cidade da Cultura lanza en 2022 unha programación centrada nas colaboracións internacionais e na itinerancia de exposicións a cidades e vilas galegas
Por primeira vez na Península, poderá visitarse a experiencia inmersiva gañadora dun Oscar ‘CARNE y ARENA’, do cineasta mexicano Alejandro G. Iñárritu
A Xunta e RTVE achéganlles ás empresas galegas de animación as claves da coprodución de series infantís
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, abriu a sesión informativa impartida por Yago Fandiño, director de Clan e de Contidos Infantís de RTVE, sobre a selección de novos proxectos para as cadeas e medios dixitais da compañía pública
O CGAC retoma o programa de apoio a artistas galegos de media carreira coa mostra ‘Wunderkammer’ de Suso Fandiño
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a exposición, con obras recentes e tres grandes instalacións producidas especificamente para o espazo arquitectónico do CGAC, que se poderá visitar ata o 15 de maio
As ‘Residencias paraíso’ abren a súa sexta edición para acoller oito novos proxectos de danza e artes vivas co apoio da Xunta
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade é a principal entidade colaboradora desta iniciativa do Colectivo RPM, á que tamén lle achega as instalacións do Centro Dramático Galego, Centro Coreográfico e Cidade da Cultura
As axudas da Xunta ás industrias culturais en 2021 suman un investimento de 8,5M€ en máis de 380 entidades e empresas do sector
O DOG publica hoxe a relación dos 505 proxectos beneficiarios das 15 convocatorias de subvencións convocadas o ano pasado pola Axencia Galega das Industrias Culturais, cun incremento de máis do 47% na contía global das adxudicacións
A Xunta abre mañá o ciclo de conferencias sobre María Casares coa actriz Johanna Silberstein e o arquitecto Felipe Peña
As intervencións, que serán presentadas polo secretario xeral de Cultura, terán lugar no Museo de Belas Artes da Coruña ás 19,30 horas con entrada de balde
A Xunta mellora a accesibilidade da Casa da Cultura de Guntín para garantir o acceso a todos os veciños
Salienta que o Goberno autonómico dá resposta así ao seu compromiso por impulsar o achegamento á cultura e fomentar as melloras tamén no rural