Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

06/02/21 | 11:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano dos ríos Carballás, Regueiro de Riazón e Castro, ao seu paso polo concello de Forcarei

Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo en distintos tramos destes ríos no seu percorrido pola parroquia de San Miguel de Presqueiras

05/02/21 | 13:11

Medio Ambiente convoca as axudas para actuacións de mellora nas seis Reservas da Biosfera, ás que optan máis de 60 concellos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta mañá o Centro de Interpretación de Crendes, onde anunciou que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución da terceira convocatoria destes incentivos

05/02/21 | 11:19

A Xunta tramita a inscrición do monte 'Serra do Eixe e Monte Mazaira' no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas

Trátase dun monte sito no concello ourensán da Veiga e de titularidade da comunidade de Meixide

04/02/21 | 12:24

A tempada de pesca fluvial galega de 2021 comeza o vindeiro 21 de marzo e rematará o 31 de xullo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde na que se definen as normas para a pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma para a vindeira tempada

03/02/21 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa nos concellos de Avión, Castrelo de Miño, Cortegada e Porqueira seis proxectos de enerxías renovables

O delegado territorial da Xunta en Ourense informou hoxe aos alcaldes por videoconferencia da concesión de 95. 479,84 euros para proxectos de mellora enerxética nos catro municipios

03/02/21 | 12:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con máis de 38.000 € o desenvolvemento dun proxecto de eficiencia enerxética no multiusos de Rois

O representante do Goberno autonómico informou que este edificio contará cunha axuda para a instalación dunha nova caldeira

03/02/21 | 11:21

Medio Ambiente regula a nova tempada de pesca da anguía na desembocadura do Tambre entre o 1 de maio e o 30 de setembro

A Consellería mantén durante 2021 as principais condicións e medidas que rexeron o ano pasado con relación á práctica desta actividade profesional tradicional

02/02/21 | 13:14

Ángeles Vázquez destaca que o 50 aniversario do Día Mundial dos Humidais son 50 razóns para reforzar a protección da morada dos diferentes organismos da biodiversidade galega

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegouse ata o Humidal de Ortigueira e Ladrido, para celebrar o medio século da declaración internacional do Día dos Humidais, que se conmemora cada 2 de febreiro

02/02/21 | 11:40

Medio Ambiente convoca a orde de axudas para o fomento da caza menor en Galicia

O departamento que dirixe Ángeles Vázquez convoca por primeira vez esta orde, dotada con 200.000 euros, para propiciar a recuperación das poboacións de perdiz rubia e coello de monte

01/02/21 | 13:01

As Directrices da Paisaxe entrarán en vigor o 20 de febreiro co reto de afianzar a posición de Galicia á vangarda nesta materia

O DOG publica hoxe o decreto polo que se aproba a nova normativa, a primeira deste tipo na comunidade e cuxas consideracións deberán ser integradas en todas as iniciativas que se promovan co fin de protexer os valores paisaxísticos