Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Xunta e USC revalidan o seu compromiso de colaboración para o fomento da cultura emprendedora feminina desde a universidade
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, da Universidade de Santiago, María do Mar Lorenzo, comprométense a seguir a impulsar a iniciativa emprendedora entre as más novas
O Comité Educativo avanza un Plan de benestar emocional para reducir a influencia da pandemia na comunidade escolar
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explicou que este documento porá a disposición de alumnado e profesorado as pautas e ferramentas necesarias para velar pola estabilidade emocional nun curso escolar marcado pola covid
A Xunta reforza a dotación para docentes con 55.000 equipos fixos e portátiles
Avanzou a posta en marcha doutras actuacións de mellora como: o equipamento interactivo aos cursos de entre 1º e 4º de Primaria, a extensión da wifi ao 100% dos espazos docentes ou a consolidación das plataformas dixitais educativas
Aberto o prazo para solicitar as bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado do Centro Superior de Hostalería de Galicia
Poderanse beneficiar aqueles que formalizaran matrícula de estudos complementarios de Dirección Hoteleira no estranxeiro para este curso
O programa IACOBUS pecha o prazo de presentación de candidaturas con case 250 propostas
Un total de 185 proxectos presentáronse á oitava edición de estadías de docentes e investigadores galegos e portugueses e 59 publicacións á terceira convocatoria do ‘IACOBUS Papers’
O delegado territorial da Xunta en Ourense visita o pavillón de Castro Caldelas vinculado ao CPI Virxe dos Remedios
Gabriel Alén interesouse polo estado das instalacións tralo paso das frontes climatolóxicas adversas das últimas semanas
A Xunta colabora cos reitores e a CIUG na coordinación das directrices para garantir a seguridade da ABAU en Galicia
A Comisión traballa no borrador que recolle as normas de prevención sanitaria que rexerán nas probas de acceso á Universidade, e que seguirán a liña marcada xa o pasado ano
A Xunta convoca os cursos de galego preparatorios das probas Celga 2021 con máis de 1000 prazas en liña e presenciais
O DOG e o Portal da Lingua Galega fan pública hoxe a resolución que se adaptará á situación derivada da covid-19