Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta abre o prazo para acollerse ao plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais municipais
Destinaranse máis de 18,5 millóns de euros á creación ou renovación de residencias de maiores, centros de día, vivendas comunitarias ou centros sociais de xestión municipal
A Xunta inicia este luns novos traballos de limpeza nas marxes da estrada AC-552 ao seu paso polos concellos da Coruña, de Arteixo, da Laracha e de Carballo
Continuarase cos traballos en execución nas estradas autonómicas AC-234 e AC-840, nos municipios de Arzúa e de Melide, respectivamente
As obras da 1ª fase de mellora da estrada autonómica LU-231 entre Friol e Palas de Rei fan necesario un corte de tráfico a partir do martes
O corte, que se prolongará ata o 23 de maio, é preciso para avanzar nas obras de acondicionamento dos primeiros 9,4 km da estrada LU-231, coincidente co treito entre a travesía de Friol e o acceso a Castrelo
A Xunta recibe 6 ofertas de empresas para executar as obras dos colectores e da nova depuradora de Foz, que triplicará a poboación servida e multiplicará por 9 a capacidade de tratamento
O obxectivo da Xunta é poder iniciar as obras a finais de ano, cun investimento autonómico de 12,3 M€
A Xunta adxudica por preto de 650.000 euros as obras da senda peonil na estrada AC-214 en Sigrás, no Concello de Cambre
Construirase un itinerario de 720 metros de lonxitude, desde o cruce coa AC-213 e a N-550, nos núcleos da Telva, A Xira e A Pena de Sigrás de Abaixo
A Xunta aproba o proxecto de construción de dúas sendas na estrada OU-101, ao seu paso polos concellos de San Cibrao das Viñas, O Pereiro de Aguiar e Paderne de Allariz
Desenvolveranse novos itinerarios peonís e ciclistas na marxe esquerda da vía, no núcleo da Medorra e ao longo do Parque Tecnolóxico de Galicia, e no Paiseo
A Xunta colabora co Concello de Xunqueira de Espadañedo na creación dun parque infantil
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público
A Xunta adxudica por máis de 1,5 M€ o desenvolvemento dun sistema para optimizar o consumo enerxético e garantir a calidade da auga vertida nas depuradoras
A solución desenvolverase de forma piloto nas depuradoras de Baiona, Nigrán e Gondomar, co fin de cubrir o maior rango de procesos habituais destas instalacións de pequeno e mediano tamaño
Ethel Vázquez avanza a licitación por máis de 487.000 € das obras para dotar de saneamento os núcleos de Viladónega, O Outeiro e O Pedral, en Boimorto, que estarán rematadas a comezos de 2023
Construirase unha rede de colectores e unha depuradora para o tratamento das augas residuais dos 3 lugares de Boimorto, con vivendas unifamiliares dispersas, ademais dunha pequena explotación gandeira e un bar
A Xunta recibe 12 ofertas de empresas para as obras de mellora da depuradora de Tragove que suporán un investimento de 5,3 M€ en beneficio dos veciños de Cambados e de Vilanova de Arousa
As obras comezarán no verán co fin de que en 2023 se poña á disposición de ambos os dous municipios unha depuradora mellorada e renovada