Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

27/03/21 | 11:13 | C. de Economía e Industria

Conde e o alcalde de Paradela estudan novas vías de cooperación para reforzar o tecido industrial do municipio lugués

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, informou ao rexedor, José Manuel Mato, dos diferentes programas cos que conta a Xunta para impulsar o investimento empresarial

26/03/21 | 13:04

A Xunta lamenta que o reparto de fondos do Estado para as axudas fronte á covid-19 non sexa realista e proporcional ao número de autónomos e microempresas

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, criticou hoxe que os criterios do Estado para a distribución dos cartos non respondan á finalidade das axudas que van dirixidas a dar liquidez a autónomos e microempresas

25/03/21 | 17:16 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que a candidatura galega aos fondos Next Generation conta xa con 354 proxectos "maduros e viables" e cun orzamento estimado de 19.698 millóns de euros

Salienta que estes fondos poden ser unha vacina económica contra a pandemia para volver a unha senda de crecemento e de creación de emprego que abandonamos en 2019

24/03/21 | 18:30

Lorenzana avoga por unha reactivación económica igualitaria, plural e sólida para manter o emprego e xerar oportunidades

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, blindou no Parlamento de Galicia o compromiso da Xunta coa dinamización do mercado de traballo galego cara ao futuro e cos colectivos máis vulnerables

23/03/21 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza detalles do terceiro Plan de Rescate aos hostaleiros e pide ao Goberno central axilidade e criterios obxectivos no reparto das axudas

O vicepresidente primeiro calcula que a Galicia lle corresponden arredor de 300 millóns tendo en conta o peso das pequenas empresas na comunidade

23/03/21 | 12:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta amplía os prazos de amortización e carencia da súa liña de préstamos e microcréditos para seguir apoiando a solvencia do tecido empresarial galego

O DOG publica hoxe esta medida pola que se amplía ata os dous anos o período de carencia e en tres anos máis o prazo de amortización destas operacións avaladas polo Igape

21/03/21 | 11:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre as convocatorias para a contratación de máis de 100 profesionais para realizar tarefas de I+D+i en empresas e organismos de investigación

A Axencia Galega de Innovación (Gain), dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, ten en marcha as novas edicións dos programas de atracción e retención de traballadores con alta cualificación Principia e Talento Sénior

20/03/21 | 11:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o esforzo e implicación do CTAG por deseñar proxectos para promover a mobilidade eléctrica, autónoma, conectada e sustentable

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse co director do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, Luis Moreno, para avaliar as iniciativas coas que pretende captar fondos europeos

20/03/21 | 10:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta e Castrelo de Miño colaborarán nun estudo de viabilidade mineiro-medicinal na contorna do encoro

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro co rexedor para avaliar iniciativas que poidan dinamizar a actividade local