Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta celebra o Día de Rosalía con actividades divulgativas en bibliotecas e centros de ensino
Os centros bibliotecarios propoñen mostras, obradoiros e espectáculos de narración oral e música, entre outras propostas que se prolongan máis aló da efeméride
A Xunta convoca a escritores emerxentes inéditos de Galicia para participar na segunda residencia literaria do Gaiás
As autoras Marta Sanz e Ledicia Costas participan nesta edición, que impulsa o desenvolvemento de proxectos de narrativa a partir da posta en común de experiencias e coñecementos entre autores noveis e consagrados
Margarita Ledo Andión recibirá o premio de honra Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual
Román Rodríguez destaca da homenaxeada a súa figura referente da cultura e pioneira no ámbito audiovisual como docente, investigadora e cineasta comprometida coa lingua e o feminismo
Román Rodríguez agradece a Tanxugueiras a súa contribución á proxección internacional do galego
As artistas actúan hoxe no marco das actividades conmemorativas que o Goberno autonómico preparou na Cidade da Cultura, nun acto presentado pola xornalista Esther Estévez e co grupo Trotaventos
Román Rodríguez anuncia un investimento de preto dun millón de euros para impulsar a industria dos videoxogos ao abeiro do Hub Audiovisual da Xunta
A primeira medida do paquete de accións específicas para a vertebración e a competitividade do sector é a convocatoria dunha liña de axudas, dotada con 500.000€, que se materializará neste primeiro semestre
A Xunta apoia a 40 creadores emerxentes coa convocatoria da XII edición do ‘Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura’
Presentarán o seu proxecto creativo nunha estancia de catro días no Gaiás –entre o 28 de agosto e o 1 de setembro– establecendo un diálogo aberto con outros artistas
A Fundación Pública Camilo José Cela participa na homenaxe de Fisterra ao escritor polo 20 aniversario do seu pasamento
Nun acto organizado polo Concello e o Hotel Bela Fisterra, afóndase na relación do premio Nobel coa vila fisterrá, onde pasaba os veráns e se documentou para a súa derradeira novela ‘Madera de boj’
A exposición 'Castillo, escultor' chega á súa derradeira fin de semana na Cidade da Cultura
A mostra, que pecha as súas portas este domingo, congregou no Museo Centro Gaiás a máis de 15.000 persoas que puideron descubrir a faceta escultórica do artista pontevedrés Jorge Castillo Casalderrey a través dunha escolma de 120 pezas
A Xunta e ASPRONAGA colaborarán na atención educativa do alumnado con discapacidade intelectual e do desenvolvemento
O acordo enmárcase na colaboración do departamento educativo da Xunta de Galicia coas entidades de atención á diversidade, unha liña prioritaria para o Goberno galego.
Catro institutos históricos galegos ingresarán na Orde de Afonso X O Sabio coa categoría de Placa de Honor
Os distinguidos son os institutos Ramón Otero Pedrayo (Ourense), o Sánchez Cantón (Pontevedra), o Eusebio da Guarda (A Coruña) e o Arcebispo Xelmírez I (Santiago)