Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Gardacostas colabora nun operativo da Policía Local de Rianxo contra tres furtivos aos que se comisaron cinco quilos de ameixa xaponesa e un vehículo
Os tres mariscadores ilegais déronse á fuga tras ser localizados vendendo marisco polas vivendas da localidade e foron interceptados nunha estrada secundaria do concello de Dodro
Galicia demanda ao Estado axudas directas para a cadea mar-industria ante a crise do coronavirus e defende cambios no Fondo Europeo Marítimo e de Pesca con ese obxectivo
A Xunta defende a posibilidade de empregar de forma directa os fondos europeos dispoñibles ou non empregados ata o momento coa finalidade de optimizar o seu uso e axudar ao sector ante os efectos da alerta sanitaria
A Consellería do Mar establece un protocolo de servizos esenciais para garantir a actividade portuaria pesqueira
As directrices oriéntanse a facilitar o subministro de servizos básicos aos mercados e evitar a propagación do COVID-19 nos portos
A Consellería do Mar remite ás lonxas, á frota e ao sector marisqueiro galego recomendacións para reforzar as medidas de prevención ante o coronavirus
As directrices enviadas ás confrarías complementan as xa establecidas pola Xunta e pretenden manter a actividade con todas as garantías nun sector fundamental para asegurar o abastecemento de alimentos de calidade
Rosa Quintana enxalza o labor das mariscadoras de Cambados como exemplo dos valores das mulleres galegas do mar
A conselleira do Mar salienta o compromiso das profesionais cambadesas en favor dunha boa xestión dos recursos e dunha explotación sustentable
O centro de formación A Aixola retoma a súa actividade no mes de abril ofertando un cento de prazas en oito novos cursos
A actividade formativa ofertada pola Consellería do Mar estará dirixida a persoas relacionadas co sector pesqueiro interesadas en capacitarse para a construción e mantemento de embarcacións, instalacións e materiais empregados na pesca e actividades náuticas
Rosa Quintana acompaña ás mulleres do mar de Galicia na súa concentración en Madrid para dar visibilidade aos seus oficios
A conselleira do Mar enxalza a importancia da muller no sector pesqueiro galego e anima a Anmupesca a seguir con este tipo de iniciativas para dar a coñecer á sociedade a contribución feminina ao mundo do mar
Galicia aposta por darlle valor aos produtos pesqueiros e fomentar o seu consumo para impulsar a cadea mar-industria
Rosa Quintana destaca as accións conxuntas da Administración galega e do sector co obxectivo de mellorar a venda dos produtos do mar e a promoción do seu consumo tanto na comunidade como no exterior
Técnicos galegos do Proxecto Acuipesca Perú proporán melloras tecnolóxicas ao sector acuícola da Baía de Sechura
O Centro Tecnolóxico do Mar participará xunto aos seus socios Anfaco-Cecopesca e Ayuda en Acción en varios talleres para presentar as súas propostas para a cadea produtiva da concha de abanico e a diversificación de especies